Obradoiro de videos

VideodinamizArte, realizou durante a segunda quincena do mes de abril de 2013 un obradoiro de videocreación ao redor do tema “A pegada do tempo”. Tratábase de obter unha visión particular dos habitantes do concello do seu patrimonio cultural, arqueolóxico e natural e á súa relación actual e contemporánea, a través da creación artística audiovisual.

Os usuarios foron:

-Manuel Fortes Besada, recrea a caza do lobo que realizaban os veciños de Cotobade empregando os foxos, na súa obra A mirada do Lobo.

-Toñito das Laxas, que realizou a película A pedra vive, onde pon voz ás pedras que mellor coñece para descubrirnos todo un universo de personaxes.

-Silvia Justo Fernández, que na súa peza A roda da vida, emprega o simbolismo do patrimonio natural e arqueolóxico para contarnos unha introspectiva mirada sobre o transcurrir do tempo.

-Eva María Suárez Ogando, coa súa obra Un paseo por Pazos, onde nos invita a coñecer a súa parroquia a través da recolleita de diferentes estampas da vida cotiá.

-Xoan Vidal, que coa súa película O lavadoiro, nos invita a unha reflexión sobre o pasado e o presente dos lavadoiros do concello a través da voz dunhas veciñas.

Tamén participou no obradoiro Gumersindo Penelas Garda, que por diferentes problemas técnicos totalmente alleos á súa vontade, non puido finalizar a súa peza, pero esperamos a comparta con todos y todas nun futuro moi próximo.

A mirada do lobo

A pedra vive

Na roda da vida

Un paseo por pazos

O lavadoiro