ROTEIRO DE LÉREZ (San Xurxo e Santa María de Sacos)

É a ruta arqueolóxica por excelencia, na que se destacan os recursos naturais e culturais. San Xurxo de Sacos posúe abundantes recursos arqueolóxicos que se complementan co conxunto etnográfico e moi singularmente coa beleza do río Lérez e da famosa carballeira de San Xurxo.

Neste tramo da ruta pódense observar elementos de arte rupestre como os Petroglifos de Lombo da Costa, que supón unha das mostras máis importantes de este tipo de arte en Galicia, así como Laxe das Rodas, no que se distinguen claramente as figuras de cervos e debuxos de círculos concéntricos, ademáis de Laxe do Cuco, no que destacan figuras circulares e cérvidos, e outros exemplos como Laxe dos Cebros e Cernadelos.

Outro elemento peculiar da cultura galega incluido na ruta é o castro, con dous exemplos significativos como son A Cividá (ou Castro de Sacos), o Eira dos Mouros (ou Castro de Arcelas).

O Balneario de San Xurxo ten un especial atractivo turístico, xa que estas antigas instalacións acollían a xente procedente de toda a provincia de Pontevedra e dos arredores, debido ás cualidades das augas sulfuradas, especialmente indicadas para tratamentos minero-medicinais.

A importancia da arquitectura relixiosa refléxase en exemplos como a Igrexa de San Xurxo, unha construcción románica con planta de cruz latina, arco de medio punto na fachada e campanario típico galego; e a Capela de San Xusto e Pastor, unha nave de tres tramos con planta de cruz latina e sobre arco de medio punto, que festexa os santos Xusto e Pastor.

En relación coa arquitectura civil galega o Pazo de Bermúdez constitúe outro claro exemplo, Trátase dun pazo con planta cadrada cunha torre na entrada e unha pequeña capela ó seu carón, así como unha fonte nas súas proximidades, denominada Fonte do Eirado.

San Xurxo ofrece ademáis a posibilidade de desfrutar das increíbles paisaxes, a través de miradoiros como o de San Xusto, situado na baixada ó río, unha combinación perfecta entre natureza e cultura.

Servizos e lecer.

No ámbito de servicios e lecer, en canto a aloxamentos, destácanse Casa do Fontán, o Lagar de Concha e Casa Conchi.

Na oferta de espazos recreativos cobra importancia a Carballeira de San Xusto, un espacio libre para gozar dos recursos naturais.

Visor da ruta.

Balneario.

Capela.

Carballeira.

Castro.

Igrexa.

Pazo.

Petroglifo.

Portádego.