QUE É O PUNTO DE INFORMACIÓN VIRTUAL DO PATRIMONIO DE COTOBADE?

O Concello de Cotobade aposta pola creación dunha ferramenta dixital onde se proporciona acceso ao extenso patrimonio cultural catalogado, un interesante legado de máis de 115 bens, entre os que destacan espectaculares estacións de arte rupestre como as de Lombo da Costa, Outeiro do Morcego, ou Pedra das Ferraduras, entre outras; e poboados fortificados da Idade do Ferro como o castro da Cividá, a Cruz do Castro ou o Coto do Castro.

De igual xeito se incorporan elementos etnográficos e naturais especialmente particulares e sen os que non se pode entender a vida no pasado recente do concello, como acontece co caso do Foxo do Lobo das Brañeiras, en San Miguel de Carballedo,a Canle da Auga en San Martiño de Borela, ou a Carballeira de San Xusto en San Xurxo de Sacos entre outros moitos exemplos.

O que se pretende con esta plataforma é que sexa áxil e sinxela a localización de calquera tipo de ben patrimonial de interese do concello, facilitándolle ao visitante unha ampla información do noso catálogo, apoiada na visualización de material gráfico é audiovisual, e con varias propostas de rutas para realizar.