BENS NATURAIS

En Cotobade poden distinguirse dúas zonas perfectamente diferenciadas: por un lado "as Terras Altas", onde se sitúan as parroquias máis altas e bañadas polo río Almofrei, que nace no Monte do Seixo, e que, dende Caroi, discorre por frondosos vales onde abundan as carballeiras, e outras masas forestais. Por outro, "as Terras Baixas"; formadas polas parroquias do Val do Lérez, que recibe os ríos Cabanelas, Calvelo e o propio Almofrei, afluente do río Lérez-eixo vertebrador da comarca-.

Asemade, Cotobade conta cun espazo pertencente á Rede Natura 2000 no seu extremo oriental, o LIC da Serra do Cando, incluída como Lugar de Interese Comunitario debido á súa riqueza arbórea e fermoso paisaxe de montaña.