BENS ARQUITECTÓNICOS

A denominación de Cotobade podería derivar da unión das palabras "Couto do abade", pois toda a bisbarra pertencía á antiga xurisdición que exercía o superior do convento de Bieitos de Mullereiro.

O concello posúe un abundante patrimonio arquitectónico empezando polas numerosas capelas e igrexas parroquiais, entre as que destacan a de Santa María de Sacos e a de San Martiño de Rebordelo de orixe románica.

Trátase dun concello famoso pola pedra ben traballada o que se reflicte na arquitectura tradicional; grandes casas, reitorais e pazos como o de Bermúdez de Castro en San Xurxo de Sacos. Camiños empedrados e pontes comunican as distintas parroquias.